Instalacións

Anteriormente o bar era unha taberna, co chan de terra, chamada A Taberna do bolo. Pouco a pouco foise reformando convertíndose no que é hoxe en día.

 

Despois de 50 anos e varias xeracións familiares, o coñecemos como o Bar Sete. Ubicado en Coiro, Cangas do Morrazo.

 

Ofrecemos unha variedade de cañas e pinchos, dispoñemos de sellado de Loterías e temos tapeo o fin de semana. Dedicámonos tamén a realizar comidas ou ceas para grupos baixo encargo..

 

Temos un comedor grande e cómodo, pero desde logo non te podes perder a nosa gran terraza cuberta.

 

Non dudes visitarnos!